Boas noites a todas e todos, fillos e fillas de Galiza.
Escríbovos entre bágoas de carraxe e medo, porque teño algo realmente importante que decirvos e necesito desafogarme. Hoxe si, direi algo que sae do máis profundo da miña ialma e con respecto ao cal non admito refutación algunha, pois os sentimentos xamáis erran; polo tanto, deixade que por unha vez na miña vida deixe de poñer en dúbida ata as verbas propias. Comezo pois:
Hai un chisquiño, dispúxenme a ver na TVG, (a que é, polo menos en teoría, a canle dos/as e para os/as galegos/as) o espectáculo virtual da queima da fachada da catedral de Compostela; para iso, armeime co meu exemplar de "Sempre en Galiza" e apertei fortemente contra o meu peito a bandeira da matria, salferida en forma de estrela da suor e sangue que os nosos devanceiros deitaron en gabias e surcos ao loitaren por nós, por estes galegos e galegas vítimas do autoodio e da galegofobia; aqueles que esquecemos a nosa identidade ceibando dos nosos beizos verbas foráneas que non teñen sentido nesta nosa terra húmida de saudade neboenta; suor e sangue a partir dos cales agromaron cepas novas. Vislumbraba con ilusión o xogo de luces e música, desexando aparecer de súpeto na Praza do Obradoiro, cando palabras que para min eran nese momento inconcebibles taladraron os meus oídos e se transformaron nunha dor profunda e escura que me queimou no peito, pois seica Paio falaba castelán... esas verbas sonaron dunha maneira moi clara na miña mente; semellaban a traducción do son das pernas dunha nai empuxada a axeonllarse con violencia no duro cemento, agardando a morte tras ser aldraxada e ignorada polos seus propios fillos.
Espero que tras presenciar hoxe (unha vez máis e nun día dan importante para as galegas e galegos) como os imbéciles e escuros excluíron a lingua que herdamos dos nosos avós, como agocharon de novo a nosa identidade no recuncho máis escuro dos seus fríos corazóns; quizáis por facernos ver a nós e aos que durmen que non existe tal signo diferenciador, saiades á rúa portando aquelo que teñades máis a man (sexan ferramentas de labranza, voces ou mesmo follas de papel) para lograr que dunha vez e para sempre ESPERTEMOS DESTE SONO, NACIÓN DE BREOGÁN!
Bitácora de verbas atoadas.
Quen tente porme cadeas hame primeiro matar; corazón que nace libre non se pode encadear.
24 jul 2012
8 abr 2012
O meu corpo aínda latente viaxa esgotado sobre o río sen nome; que sen deixar de correr non desemboca en ningures.
Bérrame a realidade: DETENTE!
E estoupa a Lúa, a Terra súmese na escuridade.
Rebélanse as augas e, incapaces de apagar a fogueira, arrastran o borrallo e ríen.
Entírnome, a cinsa fíltrase por entre a capa impermeable das túas bágoas de impaciencia, que me envolven permitíndome voar malia ser eu a que deixa que ocurra.
Morreu a nai Lúa e aínda viven as estrelas!
Abro os ollos e cóntoas en soidade agradable, pois nalgures conto contigo. De non ser por ti a auga cubriría a miña vista.
Protéxesme. Agárdote como agardo un espertar. Cando chegues nacerá unha Lúa nova, pequeniña; e iremos polas rúas petando en cada porta ata sacalos do seu sono.

Mutuamente insumisos.
15 mar 2012
"Melancolemia"
De vez en cando é necesario poñerse cursi...
O lugar onde fuches feliz solo debes tratar de voltar cando che apeteza recordar que aínda están abertas as feridas. Datas que son queimaduras na pel, un 14 de febreiro que murcha, asolagado en vasos de cristal cheos dunha bebida quente que máis que lograr que esquezas che recorda aquelas primeiras noites de ron acompañado.
![]() |
Foto: Sara Rodríguez Díaz. |
"Lo nuestro duró lo que duran dos peces de hielo en un güisqui on the rocks."
Idade.
Morreu a vella que insistía en bicarnos a cara unha e outra vez ao entrarmos na residencia e foi substituída polo seguinte número da lista de espera.
Emparelláronse dous tolos de idade incerta e agora son obxecto das burlas inofensivas do personal e dos visitantes. Brillanlles os ollos coma muxicas de aceiro incandescente, permanecen alleos a elas e paséanse polos arredores collidos da man. Teiman tamen en bicar na xente e facer presentacións innecesarias e repetitivas, malia seren a cotío rexeitados.
Seica 'os vellos non deben de namorarse'.

15 feb 2012
Paxaros.
Dende que me sacaron do meu fogar e me trouxeron ata este constante boureo malhumorado parece que comezo a comprender o mecanismo do formigueiro que forman os humanos da cidade. Uns seres moi extraños que se comportan das máis dispares maneiras atendendo ás ordes da súa xa de por si irracional capacidade para razonar. Moitos conseguen posuír animais nos que, pode que inconscientemente como o son para eles a maioría das suas accións (perfectamente planeadas en cambio polos encargados de preparar a sua simulada liberdade) , reflecten a maneira na que son tratados. Gardan paxaros engaioladosn que teñen medo da rúa porque no pasado lles cortou as , e esa dor (non necesariamente física) segue agochada baixo as súas plumas como unha enfermidade recurrente. Proporciónanlle alimento e auga cando é necesario e colocan a gaiola preto das plantas que tamen teñen ao seu coidado para que o pobre paxaro pense que está en contacto directo coa natureza. Se algún día precisan sentirse extremadamente realizados, ata é probable que lle poñan algunha grabación do son dun río ou de cantos dos seus semellantes en liberdade. Mercan espellos e átanos aos barrotes para que o paxaro se mire e vexa no seu propio reflexo un compañero de xogos, Os seres humanos téñenlle medo á soidade. Se nalgún momento a ave comeza a piar máis alto do que o seu dono está disposto a soportar pola razón que sexa, botan un pano por enriba da gaiola. O paxaro cala. Os seres humanos témenlle á escuridade.
11 ene 2012
Os lobos omega son esenciais para a supervivencia da manda. A súa función radica en aliviar as tensións no seo do clan e minimizar as posibles lesións entre os seus membros. A partires das dúas ou tres semanas de vida, o pequeno lobo omega é en todo momento o centro das constantes pelexas que se dan entre as crías da súa camada. Os omega non tardan en aprender a atraer a atención sobre si mesmos con xogos e parvadas. Deste modo, mediante unha serie de conductas instintivas aprendidas que engloban posturas corporais, expresións da face, ladridos e gruñidos, os omega son capaces de calmar os ánimos, evitar lesións e reestablecer a harmonía.
O lobo omega é a cotío calificado de "lobo Cinsenta" porque se supuña que ocupaba o posto máis baixo na xerarquía e era maltratado. Tal teoría podería responder ao feito de que cando a manda está a alimentarse o lobo omega vese apartado, a menudo reiteradamente, da presa morta. Unha posible explicación desa conduta é que o omega permite con iso que os animais de alto rango muden de posición sen pelexar, garantindo así o seu acceso ás partes selectas da caza e a inxestión de suficiente comida para o seu rango. Os lobos famentos poderían ferirse gravemente entre eles a falta da distracción que lles ofrece o omega. Unha vez saciados os demais lobos, recompénsase deixándolle comer unha parte da carne de mellor calidade que lle reserva un lobo beta. Así pois, malia as apariencias, é posible que o omega teña unha posición de especialista de alto rango valorada dentro do clan.
O ouleo do omega é o máis melódico de toda a manda, chegando ás notas tanto agudas como graves; ao dotar de harmonía unha algarabía de ouveos, o omega axuda a calmar a manda en actitud recelosa.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)