15 feb 2012

Paxaros.

Dende que me sacaron do meu fogar e me trouxeron ata este constante boureo malhumorado parece que comezo a comprender o mecanismo do formigueiro que forman os humanos da cidade. Uns seres moi extraños que se comportan das máis dispares maneiras atendendo ás ordes da súa xa de por si irracional capacidade para razonar. Moitos conseguen posuír animais nos que, pode que inconscientemente como o son para eles a maioría das suas accións (perfectamente planeadas en cambio polos encargados de preparar a sua simulada liberdade) , reflecten a maneira na que son tratados. Gardan paxaros engaioladosn que teñen medo da rúa porque no pasado lles cortou as , e esa dor (non necesariamente física) segue agochada baixo as súas plumas como unha enfermidade recurrente. Proporciónanlle alimento e auga cando é necesario e colocan a gaiola preto das plantas que tamen teñen ao seu coidado para que o pobre paxaro pense que está en contacto directo coa natureza. Se algún día precisan sentirse extremadamente realizados, ata é probable que lle poñan algunha grabación do son dun río ou de cantos dos seus semellantes en liberdade. Mercan espellos e átanos aos barrotes para que o paxaro se mire e vexa no seu propio reflexo un compañero de xogos, Os seres humanos téñenlle medo á soidade. Se nalgún momento a ave comeza a piar máis alto do que o seu dono está disposto a soportar pola razón que sexa, botan un pano por enriba da gaiola. O paxaro cala. Os seres humanos témenlle á escuridade.


No hay comentarios:

Publicar un comentario