11 ene 2012

Os lobos omega son esenciais para a supervivencia da manda. A súa función radica en aliviar as tensións no seo do clan e minimizar as posibles lesións entre os seus membros. A partires das dúas ou tres semanas de vida, o pequeno lobo omega é en todo momento o centro das constantes pelexas que se dan entre as crías da súa camada. Os omega non tardan en aprender a atraer a atención sobre si mesmos con xogos e parvadas. Deste modo, mediante unha serie de conductas instintivas aprendidas que engloban posturas corporais, expresións da face, ladridos e gruñidos, os omega son capaces de calmar os ánimos, evitar lesións e reestablecer a harmonía.


O lobo omega é a cotío calificado de "lobo Cinsenta" porque se supuña que ocupaba o posto máis baixo na xerarquía e era maltratado. Tal teoría podería responder ao feito de que cando a manda está a alimentarse o lobo omega vese apartado, a menudo reiteradamente, da presa morta. Unha posible explicación desa conduta é que o omega permite con iso que os animais de alto rango muden de posición sen pelexar, garantindo así o seu acceso ás partes selectas da caza e a inxestión de suficiente comida para o seu rango. Os lobos famentos poderían ferirse gravemente entre eles a falta da distracción que lles ofrece o omega. Unha vez saciados os demais lobos, recompénsase deixándolle comer unha parte da carne de mellor calidade que lle reserva un lobo beta. Así pois, malia as apariencias, é posible que o omega teña unha posición de especialista de alto rango valorada dentro do clan.


O ouleo do omega é o máis melódico de toda a manda, chegando ás notas tanto agudas como graves; ao dotar de harmonía unha algarabía de ouveos, o omega axuda a calmar a manda en actitud recelosa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario