O meu corpo aínda latente viaxa esgotado sobre o río sen nome; que sen deixar de correr non desemboca en ningures.
Bérrame a realidade: DETENTE!
E estoupa a Lúa, a Terra súmese na escuridade.
Rebélanse as augas e, incapaces de apagar a fogueira, arrastran o borrallo e ríen.
Entírnome, a cinsa fíltrase por entre a capa impermeable das túas bágoas de impaciencia, que me envolven permitíndome voar malia ser eu a que deixa que ocurra.
Morreu a nai Lúa e aínda viven as estrelas!
Abro os ollos e cóntoas en soidade agradable, pois nalgures conto contigo. De non ser por ti a auga cubriría a miña vista.
Protéxesme. Agárdote como agardo un espertar. Cando chegues nacerá unha Lúa nova, pequeniña; e iremos polas rúas petando en cada porta ata sacalos do seu sono.

Mutuamente insumisos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario