Morreu a vella que insistía en bicarnos a cara unha e outra vez ao entrarmos na residencia e foi substituída polo seguinte número da lista de espera.
Emparelláronse dous tolos de idade incerta e agora son obxecto das burlas inofensivas do personal e dos visitantes. Brillanlles os ollos coma muxicas de aceiro incandescente, permanecen alleos a elas e paséanse polos arredores collidos da man. Teiman tamen en bicar na xente e facer presentacións innecesarias e repetitivas, malia seren a cotío rexeitados.
Seica 'os vellos non deben de namorarse'.

É preciosa, en serio, encántame... Encantaríame que escribises un libro e que levase estes dous párrafos, jo... Xenial.
ResponderEliminar